Mas

ORUJO (augardente branca)

Limpo e brillante. Fragrante en nariz, recordando perfectamente ao aroma do bagazo fresco. En boca está moi compensado o alcol cos demais compoñentes. É persistente, harmónico e ben integrado.

LICOR DE HERBAS

Á vista presenta unha cor amarela mel, limpa e brillante. En nariz destaca polos seus fragrantes aromas a macela, herba luísa, menta e cítricos. En boca é suave, larpeiro e envolvente. Invítate a beber.

LICOR CAFÉ

Ten cor café de intensidade media. En nariz ten uns aromas delicados de café natural torrado con bastante intensidade. En boca é moi agradable.